A historia marca o momento, di a nosa canción. E a nosa historia facémola nós, engadimos. Desta vai! É tempo de que soe a nosa voz, de tecermos, xuntos e xuntas, unha redes de vontades, esperanzas e mans que se unen para termos máis forza. Para existir, como galegas e galegos de nación. Plurais, diversas, con formas de vivir e de sentir diferentes, como a nosa canción. Mais cun sorriso compartido e co corazón medrando desde nós. Porque cando cremos en nós, somos capaces de todo. E imos volver demostralo. Forza aí!
Título da canción:
É O MOMENTO
Proposta título Youtube:
RAIBA + ALTO ASALTO | É O MOMENTO | Videoclip
CRÉDITOS:
Música composta por Raiba. Letra de Xavinho (Xavi Castro) agás o rap que son letras
propias de GatoPersa e Moudafaka. Canción mesturada e producida por Javier Abreu.
Gravada en Estereoarte Estudios (Vigo) en abril de 2019. Instrumentada e gravada
coa colaboración de:
RAIBA
F. Bernardini (batería)
Borja G. Paz (baixo)
Fran J. Castro (guitarra)
Xavinho (voz)
ALTO ASALTO
GatoPersa (voz)
Moudafaka (voz)
Mestre Pi (scratches)
COLABORACIÓNS VOCAIS
Lucía da Fonte
Lucía Cesar Veloso
Zaraida Moreno (Maskarpone)
COLABORACIÓNS INSTRUMENTAIS
Xiana Naval Chaves (trombón)
María Jorge (violín)
Borja G. Paz (trompeta, trompa, contrabaixo)
LETRA:
A historia marca momento
As rúas o movemento
Escoita o noso latexo / Alailalá ailalelo
Soñar para avanzar. Non parar de turrar para chegar.
Só sabemos currar, perseverar. Que nos mallen. Volveremos levantar.
E non sei se volvería nacer cando vexo a inxustiza unha e outra vez.
Cando o xuíz vai da man do poder mellor o micro que un estrado para nos defender.
Ollar o mar desde a nosa Fisterra. O recuncho máis distante da terra.
Galiza periferia da periferia Este é o eixo. Esta é a esencia
Combatendo ao alcalde acomodado. Ese que ten o pobo amedrentado.
A súa derrota... a nosa meta! María Castaña é a referencia!
E que soe a nosa voz. Que se oia esta razón
As arelas desta terra laten nun só corazón.
É momento de sumar, de facernos escoitar.
Por fin sentirnos libres e respirar
A historia marca momento
As rúas o movemento
Escoita o noso latexo / Alailalá ailalelo
Arde a chama da nosa historia.
Terma dela e da memoria.
Somos xente que vive e soña
na terra coas nosas forzas!
Quen di que non podo chegar. E quen o di para saber de que vai.
Abonda de marchar. Eu xa non miro atrás. Imos adiante. Imos loitar!!
E que soe a nosa voz. Que se oia esta razón
As arelas desta terra laten nun só corazón.
É momento de sumar, de facernos escoitar.
Por fin sentirnos libres e respirar
A historia marca momento
As rúas o movemento
Escoita o noso latexo / Alailalá ailalelo
Vixiade a vosa gorxa, que non vos quiten a voz,
Pois é propia, lonxe da inopia da rutina,
abellas fortes na colmea cean velutinas,
Non creas nesa vida fea sen alternativa,
Aquí non hai movida pero si movemento,
Que a forza da palabra abra algún parlamento,
e non minas a ceo aberto nin plantas de residuos, odian ó individuo sulfatando
aluminio,
E ca moda do mando que doma ó humano moderno e relega á natura ó inferno da
dúbida!
Lebres torturan tartarugas, fanlles crer que correr é parte da súa cultura.
Dia tras día sen un sinal que nos conecte.
Morrendo. Deixándonos levar pola corrente.
Remando cara o ren nunha secuencia incoherente.
Esperando por un tren que nunca ven indiferentes.
Arríncalle o poder a ese cabrón. Ensina os dentes
Temos que coidar da terra e da nosa xente.
Coa súa lei do solo Indefensa ela sigue quente
A favor dun lobby do monte chamado Ence.
O Ibex 35 fai reféns e sempre vence.
Utilizan o medo como instrumento que convence.
O mesmo co que atracan ó probe por ap9
Así que móvete! Rompe terrorismos de estados con este adobe
Resoltos para vencer
Este chan imos erguer
A túa loita, a nosa loita
é contra o seu poder/ Galiza ponte en pé!!
E que soe a nosa voz. Que se oia esta razón
As arelas desta terra laten nun só corazón.
É momento de sumar, de facernos escoitar.
Por fin sentirnos libres e respirar.